O primeiro acto é o mais sensible
a ficción e a creación da máscara
e nós os protagonistas da festa
******
O poema atópase en tódalas cousas que han sobrevivido
o ruído cae de súpeto no chan
arrola polas rúas onde tanto ardeu á vida
Todos temos unha sombra pegada ao corpo
unha sonrisa inhóspita nestes días
e facemos unha viaxe onde a voz rompe o lejano
os días curtos sorprenden as noites
nunha loita na fronteira do tempo
cornetas, fanfarrias, pitos, panderetas
fraguan cedo o tacto dos personaxes
unha humanidade con voz nestes días
e penso no sentido que ten mudarse
mudar as palabras
mudar a causa que atormenta ás tradicions
mudar as cancelas, as creencias
mudar a música, os latexos das cinzas
mudar o escenario da rúa
mudar coma un paxaro ata a pel doutro
arremangar a perneira
e sentir o peso da carne
cubrir a cabeza e tatuar a cara
tapar de cor o engaño das certezas
******
O final do acto, sempre amosa ser o mesmo
o máis difícil despois da ficción da máscara
buscarlle á alegría a tanto silencio devorando o ceo
e agora nós noutro escenario
protagonistas do invisible.
#cuandosaltarnoescaer